Presentación
Na Fundación Laboral de la Construción traballamos desde 1992 para facilitar a empresas e traballadores os recursos que fagan posible un sector máis profesional, seguro, capacitado e con futuro. Un sector que hoxe traballa máis unido e conectado entre si ca nunca, coa sociedade e co resto de sectores, para afrontar o reto dos novos tempos.
Este é o fin polo que se uniron a Confederación Nacional de la Construción (CNC), CCOO del Hábitat e Federación de Industria, Construcción y Agro (UGT FICA), formando esta entidade paritaria sen ánimo de lucro.
Como resultado de anos de dedicación e esforzo, e grazas ao apoio de moitos profesionais, a Fundación é xa unha entidade de referencia no sector e un aliado chave para traballar por e para o futuro de empresas e profesionais.
Con máis experiencia e coñecemento ao noso alcance, traballamos para lograr que a prevención de riscos laborais, a formación, o Emprego, a innovación, a sustentabilidade e as novas tecnoloxías nos axuden a seguir construíndo ese sector de progreso que todos cremos posible.
As decenas de miles de traballadores da construción que cada ano pasan polas aulas da Fundación Laboral son a mellor proba do noso esforzo, que demostramos acotío a través dos nosos 50 centros de formación propios, unha oferta composta por máis de 200 accións formativas, a colaboración de máis de 1.500 profesores en toda España e a elaboración de máis de 140 manuais propios sobre diferentes materias do sector.
Así mesmo, traballamos día a día para impulsar a empregabilidade e a profesionalización dos/as profesionais da construción e atraer novas persoas traballadoras ao sector para potenciar a competitividade das empresas. Contamos para iso con servizos de Emprego especializados no sector en nove Consellos Territoriais e operamos como Axencia de Colocación homologada polo Servizo Público de Emprego en 32 Centros de Formación. Anualmente, os/as profesionais de orientación profesional atenden a máis de 12.000 persoas. Ademáis, conta co portal de Emprego online de referencia no sector construyendoempleo.com, unha ferramenta a disposición de traballadores/as e empresas do sector.
Traballar para construír un mundo mellor é o noso reto e o de cada unha das persoas que integramos a Fundación Laboral da Construción, a través dos 17 Consellos Territoriais distribuídos por toda España para estarmos máis preto de ti.
Organigrama
ORGÁNICO
FUNCIONAL
-
Presidente :
Francisco Zamora Catalá (CNC)
-
Vicepresidente :
Josep Albors Ferrandis (CCOO del Hábitat)
Daniel Argente Fernández (UGT FICA)
-
Secretario :
Mª Carmen Asensi Ortega (CNC)
-
Gerente :
Mª José Juan-Senabre Pérez
Código de conducta
A Fundación Laboral da Construción está comprometida cos máis altos estándares éticos e, consonte os principios de transparencia, honestidade e integridade, réxese por un Código de Conduta. Así mesmo, publica nesta Web a información económica sobre subvencións, convenios e contratos coas Administracións Públicas, en cumprimento do estabelecido na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Dispón tamén dun canle de comunicacións para comunicar de xeito anónimo calquera acto que puidera supor un incumprimento do Código de Conduta.
Sistema Compliance
Las personas que integran la Fundación Laboral de la Construcción tienen un compromiso real, visible y sostenido con el respeto a la legalidad y la ética a la hora de actuar en todas y cada una de las actividades. De este compromiso, nace la implantación de un Sistema de Gestión del Cumplimiento, certificado por entidad externa acreditada con el nº GCP 2023/0031, conforme con la norma UNE 19601 y que se plasma en una firme Declaración de compromiso y cumplimiento y cumplimiento y una Política de Compliance.
COMPROMISO CON LA IGUALDAD DE GÉNERO
La Fundación Laboral de la Construcción está comprometida con la igualdad de oportunidades y condiciones para todo su Personal, así como con todas las personas que colaboran en los proyectos en los que participa.
Fruto de este compromiso, firmado por la dirección, la Fundación Laboral lanzó en el año 2020 su primer plan de Igualdad y actualmente está en marcha ya su III Plan de Igualdad con el fin de garantizar y afianzar este compromiso, y convertirse así en un referente de la defensa de la igualdad de género, tanto en el ámbito del propio sector de la construcción, como ante la sociedad en general.
Cláusula de protección de datos
A Fundación Laboral de la Construcción, conforme ao establecido no seu Código de Conduta, desenrola as súas actividades adaptándose á normativa vixente en cada ámbito de aplicación.
Desta maneira, a entidade paritaria ten actualizada a súa Política de Privacidade e as Cláusulas de Protección de Datos, ás que de maneira pública pode acceder calquera interesado.
Sede Territoriais Comunidad Valenciana
- Polígono Industrial L´Horta Vella, Calle Orduña, nº 2 , 46117 - Bétera (Valencia)
- Tel.: 963 466 282
- formacioncv@fundacionlaboral.org
- Coñece todos os nosos centros aquí