A compravenda de vivendas medra un 2,4% en agosto en Galicia, un punto menos que a media nacional
Esta subida é inferior á rexistrada a nivel nacional que se situou no 3,4%, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE)
A compravenda de vivendas en Galicia aumento un 2,4% en agosto respecto ao mesmo mes de 2025, chegando ás 1.923 operacións, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta subida é inferior á media nacional, xa que no total de España a compravenda de vivendas retomou os ascensos ao subir un 3,4% en agosto, con 49.319 operacións.
Do total de vivendas vendidas en Galicia, 480 eran novas, un 6% menos, mentres que 1.443, usadas. Ademais, case todas eran libres e só 54, protexidas, aínda que subiron un 14,9% estas últimas. Por provincias, 874 foron vendidas en A Coruñá, un 3% máis, mentres que 273 en Lugo, baixando un 6,8%. Outras 195 comercializáronse en Ourense (-2%) e 581 en Pontevedra, aumentando un 8,2%.
A nivel nacional, a compravenda de vivendas subiu en agosto un 3,4% respecto ao mesmo mes de 2025, ata un total de 49.319 operacións, a súa maior cifra nun mes de agosto desde 2024.
As hipotecas sobre vivenda caen un 0,76%
O número de hipotecas sobre vivendas en Galicia caeu un 0,76% en agosto respecto a 2025, ata 1.164 operacións, segundo o INE. No conxunto de España, en cambio, subiron un 2,3%, con 33.841 préstamos.
O importe das hipotecas galegas superou os 161,6 millóns de euros, un 2,9% máis que hai un ano. Sobre o total de fincas, concedéronse 1.617 hipotecas en Galicia, un 3,1% menos.
O prezo da vivenda libre en Galicia subiu un 13,5% no primeiro trimestre de 2026, por enriba do 12,9% nacional, segundo o INE. É o contexto dun mercado moi tensionado. En 2025, a compravenda de vivendas galega rexistrou a segunda cifra máis alta da serie histórica, segundo os notarios.