A compravenda de vivendas cae un 10,6% en Galicia en setembro
Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a baixada de Galicia é tres puntos inferior ao recorte do 13,4% na media estatal.
A compravenda de viviendas reduciuse un 10,6% en Galicia en setembro en comparación co mesmo mes de 2025, ata as 2.175 operacións. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), nun mes de diminución xeralizada nas comunidades, a baixada de Galicia é tres punto inferior ao recorte do 13,4% na media estatal.
Do total de compravendas, 1.544 son de vivendas novas e 631, usadas. A maioría das vivendas eran libres (2.133) e só 42 protexidas. No mes de setembro, rexistráronse 3.957 operacións sobre viviendas. Ademais das 2.175 compravendas, 947 foron herdanzas, 31 doazóns e oito permutas.
Baixada dun 13,4% a nivel nacional
A nivel estatal, a baixada na compravenda de vivendas acentuouse en setembro un 13,4% respecto ao mesmo mes de 2025 ata un total de 54.548 operacións, debido á caída das transaccións sobre vivendas usadas e novas.
Co retroceso rexistrado no noveno mes do ano, a compravenda de vivendas retoma os descensos despois do aumento interanual do 3,4% rexistrado en agosto. A caída afecta tanto á vivenda libre, cun 3,2% menos, como á protexida, que retrocede un 10%.